Normalización lingüística

O Concello de Cee presta especial atención á galeguización dos seus servizos, cumprindo deste xeito a lexislación vixente en materia de normalización lingüística.

É por iso polo que desde o ano 2009, o concello conta cun Servizo de Normalización Lingüística (SNL), servizo de vital importancia para levar a cabo todas as iniciativas necesarias para que a lingua galega ocupe o lugar que lle corresponde como lingua propia e cooficial de Galicia, non só no eido da administración senón tamén na veciñanza.

Funcións

Ademais de velar porque sexa aplicada a Lei de normalización lingüística de Galicia, así como a Lei do uso do galego como lingua oficial de Galicia, as funcións do  Servizo de Normalización Lingüística son as seguintes:

 Funcións xerais internas

  • Asesorar á administración en todo o relacionado coa política lingüística na procura do incremento do uso e prestixio da lingua galega.
  • Velar polo cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución e, polo tanto, velar para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á cidadanía.
  • Informar sobre a conveniencia, oportunidade, método, etc., de incorporar accións con obxectivos normalizadores en programas ou accións do concello de índole diversa, e colaborar na súa especificación, deseño e materialización
  • Emitir informes sobre a  oportunidade, conveniencia, etc., de accións do concello  con respecto ao fomento do uso e prestixio da lingua galega.
  • Colaborar coa administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte das persoas aspirantes.

 Funcións de dinamización lingüística

  • Fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade.
  • Planificar, xestionar, executar e avaliar acción a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.
  • Propoñer programas dinamizadores e acción concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso e pretixio da lingua galega, e a impliquen no proceso normalizador.
  • Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
  • Promover e coordinar redes de traballo para o fomento do uso do galego no ámbito asociativo, educativo, empresarial, etc., do termo municipal.
  • Planificar e propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso da lingua galega.

Funcións de formación (socio)lingüística

  • Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a aprobación en xeral ou para sectores concretos.
  • Difundir entre a cidadanía materiais que contribúan á tarefa de promover a extensión do uso do galego: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos.
  • Colaborar no deseño de programas de formación non-lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas.

 Funcións de asesoramento lingüístico interno

  • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración.
  • Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos para a organización.
  • Resolver dúbidas lingüísticas.
  • Elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.

 Funcións de coordinación e apoio entre Deputación e os concellos:

  • Apoiar e difundir as acción dinamizadoras desenvolvidas pola Deputación da Coruña.
  • Coordinarse coa Deputación e outros concellos para planificar e executar acción de normalización conxuntas.
  • Participar nas xuntanzas e encontros de traballo e coordinación que a Deputación convoque e nos grupos de traballo que se creen para  a planificación de acción normalizadoras.

Actividades

  • A mochila viaxeira: Na época do Nadal, o SNL, en colaboración coa Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego leva a cabo un reparto de libros e xoguetes educativos en galego na Gardería Municipal.
  • Cursos Celga: No primeiro trimestre do ano, o SNL  leva a cabo a coordinación e xestión do curso CELGA, concedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de preparar as probas que avalían os coñecementos de lingua galega no mes de xuño.
  • Programa APEGO (en trámite): Proximamente, o Concello de Cee pasará a formar parte dun proxecto no que xa están incluídos 23 concellos galegos. Este programa vai dirixido ás familias que están á espera da chegada dun novo membro e tamén a aquelas que teñen crianzas ata os seis anos. En colaboración co departamento de Cultura do concello, no segundo semestre do ano levaranse a cabo actividades cuxo obxectivo será a promoción da lingua galega e a creación dunha comunidade de familias que teñan xente miúda na casa.
  • Letras Galegas: Estase a xestionar as actividades que se levarán a cabo con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Carlos Casares.

O SNL, ao longo do ano, colabora cos distintos departamentos municipais, fundamentalmente co departamento de Cultura e Biblioteca Municipal.

Contacto

Se queres poñerte encontacto co Servizo de Normalización Lingüística para consultar calquera duda, podes facelo no correo mercedes.rodriguez@cee.gal