XXIII MOSTRA DE TEATRO
20/08/2010 -Este domingo 22 de agosto arranca unha nova edición da Mostra de Teatro de Cee. Máis información na páxina de Talía Teatro
FESTA DO BERBERECHO EN CEE 2010
17/08/2010 -Desde a Alcaldía preséntase a IX edición da Festa do Berberecho que terá lugar o vindeiro sábado 21 de agosto no Concello de Cee.
Os berberechos ao vapor, a empanada, o fideuá e o arroz serán os protagonistas da xornada que comezará ás 20.30 horas na Praza do Mercado e que estará amenizada pola charanga NBA.
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA AS ENTIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS DO CONCELLO DE CEE ANO 2010
11/08/2010 -A partir de mañá, xoves 12 de agosto, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de subvención para todas aquelas entidades culturais e deportivas do concello de Cee para ano 2010.
Xa se poden descargar as bases da convocatoria así como os anexos da mesma.
Verán cultural
05/08/2010 -Verán cultural ´10
VI Mostra de Bandas “Vila de Cee”. Venres 6, 21.00 horas Banda de Música Cultural de Teo, Banda de Música de Lousame e Banda da E.M.M. de Cee na Alameda.
Exhibición de baile tradicional. Sábado 7, 21.00 horas Asoc. Cultural Terra de Sena e S.D.C. Brens na Praza do 8 de marzo.
Concerto do grupo de acordeóns Alameda. Domingo 8, 21.00 horas na Praza do 8 de marzo. De seguido, ás 22.30 h. na Praza da Constitución, cine na rúa: “Pérez, o ratiño dos teus soños II”
Encontro na Costa da Morte. Luns 9, Salón Actos Concello, 20.00 h. “Posibilidades e potencialidades do turismo na Costa da Morte” por Xulio Castro.
Mago Chrystyan Magic. Luns 9, na Alameda. Sesión de ludoteca desde as 19.30 h. e espectáculo de maxia a partir das 21.00 h. De seguido, ás 22.30 h. na Praza da Constitución, cine na rúa: “El lince perdido”
Encontro na Costa da Morte.Martes 10, Salón Actos Concello, 20.00 h. “Espazo batente” por Xoán Creus.
Ás 22.30 h. na Praza da Constitución, cine na rúa: “Viaje al centro de la tierra”
Encontro na Costa da Morte. Mércores 11, Salón Actos Concello, 20.00 h. “Afastados: vida e cambio económico na Costa da Morte” por Xoán Carmona.
FEIRA DO LIBRO. Desde o xoves 12, na Alameda. Pregón ás 21.00 horas a cargo de Ceferino Díaz.
XXIII MOSTRA DE TEATRO. Desde o domingo 22.
Páxina 1 de 20


