Villa tradicionalmente vinculada a la industria conservera, ballenera y pesquera.

Hoy en día es el centro comarcal de negocios, foco atractor de inversión y trabajadores cualificados, siendo uno de los pocos ayuntamientos del país que gana población.

Acerca del Ayuntamiento de Cee

O Alcalde Responde
 

Concerto de Santa Cecilia

19/11/2009 -

Concerto monográfico de Mozart con arranxos modernos: MODERN MOZART

Sábado 21 de novembro ás 20.00 horas no Salón de Actos do Concello de Cee

Modern Mozart:  piano, batería, clarinete/saxo e frauta travesera.

ELENCO ARTÍSTICO: Carlos Gil (Frauta) Joaquín Castiñeiras (Batería) Rupert Twine (piano) Marcel Chirilov (Saxo/clarinete)

Carlos Gil é un músico que ofrece outra visión da música clásica. Acompañado doutros músicos profesionais, quere facer unha homenxe a Mozart envolvendo as súas melodías nun ritmo e estilo acorde á actualidade: divertido, desenfadado e entretido. Teñen un grande respecto por Mozart e cren que lle agradaría a visión moderna destas creacións gravadas na memoria popular. Un repaso ás obras coñecidas da autoría do xenio vienés do século XVIII. O propósito deste grupo é o de homenaxear ao creador da Frauta Máxica, envolvendo as súas melodías inesquecibles nun ritmo, harmonía, estilo e son de actualidade.

   

Música folc no Outono Cultural

12/11/2009 -

Este sábado, as 20.00 horas segue o Outono Cultural coa actuación do DÚO DE ARPA CÉLTICA E VIOLÍN, formado por Paula Oanes e Alfonso Franco. Un dúo que mestura a música clásica co folc. Unha nova visión dos temas clásicos galegos e irlandeses conseguindo un resultado musical de gran beleza e atractivo para tódolos públicos. Os compoñentes teñen actuado por toda a xeografía galega e boa parte da española así como en diferentes festivais internacionais. Asimesmo teñen colaborado con figuras punteiras do panorama folc como Milladoiro ou Luar na Lubre.

   

O Concello de Cee facilita información sobre a TDT

07/11/2009 -

O Concello de Cee pon á disposición dos veciños e veciñas do municipio nova información referida a implantación da TDT (Televisión Dixital Terreste).

Pódese descargar máis información.

   

Certificación Ambiental Praia de Estorde Cee

06/11/2009 -

Xa se pode consultar a CERTICACIÓN AMBIENTAL  DA PRAIA DE ESTORDE acadada polo Concello de Cee recentemente.

Descargar o certificado.

   

Página 10 de 20