Maio Cultural
05/05/2010 -
MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS
Programación Cultural do Concello de Cee
Sábado 8: Salón de Actos do Concello ás 20.00 horas: Títeres Cachirulo presenta Típico, tópico.
Venres 14: Salón de Actos do Concello ás 18.00 horas: Entrega de premios do XIX Concurso de Achegamento ó Libro.
Sábado 15: Salón de Actos do Concello ás 20.00 horas: Teatro del Andamio presenta A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz.
Luns 17: Salón de Plenos do Concello ás 12.00 horas: Inauguración e entrega de premios do VII Concurso de Pintura. Praza da Constitución, ás 13.00 horas: Concerto da Banda de Música de Cee.
Martes 18: Publicación dos ganadores do I Certame de Relato curto "Igualando a lingua".
Sábado 22: Salón de Actos do Concello ás 20.00 horas: Pinga Teatro presenta O recuncho dos contos.
Contrabutaca presenta "Un morto moi vivo"
21/04/2010 -
Sábado 24 abril, 21.00 horas. Salón de Actos do Concello. Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia. Entradas a 1.5 e 2.5 euros
Produccións acontrabutaca: “Un morto moi vivo!”
Clasificación: Teatro adultos / Comedia
Data e lugar da estrea: Valga 22-03-09 Duración: 60 minutos Público: Adulto
Ficha artística Autor: Xosé Lueiro Dirección: Xosé Lueiro Adaptación: Xosé Lueiro
Elenco artístico / formación: Isi, Chus Picallo, Chelo do Rejo, Toño Pena
Argumento: Disque a cobiza rachou o saco. E probablemente sexa certo. Polo si e polo non, cando antes de morrer, Patricio organiza en compaña da súa muller todos os pormenores do seu enterro, pasa un pequeno detalliño por alto: Revelarlle o lugar onde ten agochada a arca dos cartos, os aforros de toda unha vida. Trala “aparente” morte do patriarca, familia, veciños e demais mangantes inician unha aloucada carreira por evitar que o cadáver marche cos cartos para a tumba. A consecución dos seus propósitos pasa por dar cumprimento a unha das últimas vontades do difunto: Chantarlle ao cadaleito catro craviños de prata.
Ancora Produccións presenta "Colgados"
13/04/2010 -
Sábado 17 de abril. 21.00 horas. Entradas a 1.5 e 2.5 euros. Obra para adultos. Rede Galega de Teatros e auditorios de Galicia.
COLGADOS- A incrible historia de Homesoga o colgado de Celeiro- Logomono-* de Gustavo Pernas Cora
Argumento: En épocas de crise hai moito colgado. “Homesoga” é un colgado profesional. O concello convíadao a facer unha demo nun teatro. Que tes algún problema grave? El cólgase por ti. A súa historia é incrible. Todo comezou sendo neno, cando…En fin, se queres que cha conte e precisas dos seus servizos, ven, el nunca te deixará colgado porque …
HOMESOGA- Colgarse polos demais é un servizo público, ou non? Papá non quixo seguir coa soga familiar que iniciaran os meus antergos. Homesoga!, dicíanlle, como a meu avó, e ao avó do meu avó. Quero algo mellor para vós, e marchou de casa, non sei onde iría buscalo que nunca máis volveu. O meu avó púxose moi triste e colgouse. Colgábase todos os días despois de comer, ás 5 da tarde. A hora dos touros...
*Os logomonos son monólogos ao revés, monólogos mutantes interpretados polo propio autor. E logo son monos, para lucir no espazo da comedia, espectaculares, peludos, esperpénticos, surreais, actuais, críticos, acedos, divertidos, ha, ha, ha!, hilarantes como a risa dos monos
Teatro para adultos no mes de abril
07/04/2010 -
O mes de abril está adicado ó teatro para adultos dentro da programación dos SÁBADOS DE TEATRO. Empezaremos cunha comedia protagonizada por Xosé Manuel Conde, un dos fundadores da compañía Fulano. Mengano e Citano.
Sábado 10 abril, 21.00 horas. Salón de Actos do Concello. Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia
Entradas a 1.5 euros (pensionistas) e 2.5 euros (xeral). Obra para maiores 13 anos
LAMBRÍACA TEATRO: “BENITO BIENVENIDO,O CASTING”
Elenco artístico / formación: Xose Manuel Conde
Argumento: Benito e Varela íntimos dende nenos tomando unhas tazas chegan a un acordo tácito que rubrican tomando a derradeira taza:” O primeiro que chegue a ter éxito na vida levará ao outro con él . Varela faise director de cine e o seu recoñecemento profesional é a escala mundial. Benito segue por eses mundos de Dios tentando entrar no mundo do cine. Un bó dia entérase que Varela fai un casting para escoller o actor principal da sua próxima superproducción…
Página 6 de 20


