CONCURSO SPOTS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
18/05/2010 -
O IES fernando Blanco resultou premiado no Concurso de Spots Sociais da Mostra de Cine e Cooperación 2010 no Pais vasco cun total de votos do 44% do recoñecemento do público. O Nome do spot: "Mismas necesidades, mismas oportunidades".
1º PREMIO DEL JURADO (1.000 euros)
|
LÁGRIMAS |
Autor: Eduardo Vicente Movilla |
|
Africa sirve |
68% |
|
Agua |
63% |
|
Háblame bien |
60% |
|
Lágrimas |
48% |
|
La muerte de mamá tierra |
47% |
|
¿educamos? |
46% |
|
Mismas necesidades, mismas oportunidades |
44% |
|
Una sonrisa |
39% |
|
Somos los colores de la misma luz |
38% |
Porcentaje votos recibidos del total de las tres sesiones emitidas en Donostia, Gasteiz y Bilbo.
VII CONCURSO DE PINTURA
15/05/2010 -
Este luns 17 de maio, o Concello de Cee deu a coñocer os ganadores do VII Concurso de Pintura ó que se presentaron 19 obras.
O fallo do xurado foi o seguinte:
Conceder o primeiro premio valorado en 1.000 € a Dna. María Concepción Gómez Vázquez con D.N.I. nº 11.387.389-C, pola súa obra “Biodiversidad e industria” (na imaxe)
Conceder un dos accésits valorado en 600 € a Dna. Beatriz Seijo Lamas, con D.N.I. 32.706.775-Q, pola súa obra “Brétema do amencer na ría”.
Conceder o outro accésit, tamén valorado en 600 € a D. Pascual Gimeno Montalar, con D.N.I. nº 19.091.636-A, pola obra “Un nuevo día”.
A exposición permancerá aberta ó publico durante este mes de maio, de luns a venres en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas. Tamén é posible a visita concertada noutro horario, previa cita, na Concellería de Educación, Cultura e Xuventude a través do teléfono 981.745.100.
NOVA EDICIÓN DO CURSO DE SALVAMENTO ACUÁTICO E PRIMEIROS AUXILIOS EN CEE 2010
14/05/2010 -A Federación Galega de Salvamento e Socorrismo de Galicia (coa colaboración do Concello de Cee e Aquacenit Ocio e Deportre S.L.) informa da posta en marcha dunha nova edición do curso para a obtención das titulacións de SOCORRISTA ACUÁTICO E PRIMEIROS AUXILIOS, cuxo obxectivo é contribuir á formación da poboación para desenvolver o traballo de socorrista en praias e piscinas.
O curso comezará o vernes 28 de maio e rematará o domingo 18 de xullo de 2010 e desenvolverase todos os venres (tarde), sábados (mañá e tarde) e domingos (mañá).
As clases terán lugar na PISCINA MUNICIPAL DE CEE (prácticas) e no antiguo "Instituto Raíces" de Cee (teóricas).
Para máis información (coste da matrícula, contidos, inscricións, etc.) dirixirse á Piscina Municipal de Cee ou ben chamar ao número de teléfono 981.747973.
LETRAS GALEGAS
12/05/2010 -ACTIVIDADES PARA ESTE FIN DE SEMANA
Venres 14: Salón de Actos do Concello ás 18.00 horas: Entrega de premios do XIX Concurso de Achegamento ó Libro.
Sábado 15: Salón de Actos do Concello ás 20.00 horas: Teatro del Andamio presenta A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz.
Luns 17: Salón de Plenos do Concello ás 12.00 horas: Inauguración e entrega de premios do VII Concurso de Pintura.
Praza da Constitución, ás 13.00 horas: Concerto da Banda de Música de Cee.
Página 4 de 20


